educación

Os alumnos do Vila desenvolven actividades pola igualdade

A ANPA acaba de recibir unha subvención para levar a cabo un programa durante dous meses

A ANPA Vila do Arenteiro vén de conseguir unha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento dun programa de acción denominado Vilaigualdade, para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero entre a comunidade escolar. Este programa será realizado pola empresa Serviturcea Solucións, levando a cabo a coordinación xunto coa ANPA das diferentes accións que se desenvolverán no centro durante os dous próximos meses, nunha sesión semanal.

A ANPA destaca entre as accións o que denomina Patios igualitarios, posto que os recreos estarán dotados de actividades para o fomento da igualdade. 

Ademais, haberá sesións de contacontos; taller de cancións contra os esteriotipos de xénero; e outra actividade na que se invirte a realidade e que denominan Medramos en igualdade. Así mesmo, tamén están previstas sesións co nome de Educamos en igualdade e sen violencia de xénero: Ollamos tralas pantallas.

Te puede interesar