O Concello ofrece o local trala petición dunha Casa da Xuventude

O ambulatorio acollerá ás asociacións culturais

As instalacións actuais do Centro de Saúde do Carballiño darán cobertura ás asociacións culturais e xuvenís que veñen reivindicando hai agora 20 anos a creación dunha Casa da Xuventude. Un total de 15 colectivos, agrupados na Federación Cultural 'O Carrás', plantexaron ó Concello a necesidade de poñer a disposición deles unha infraestructura onde poder reunirse e levar a cabo as súas actividades.
Nembargantes, a falla de terreos e de inmobles de titularidade municipal vén retrasando o cumprimento desta vella inquedanza, según recoñeceu onte a concelleira de Cultura e Xuventude, Asunción Rivero.

'Tiñamos a alternativa de acondicionar os baixos da Casa da Cultura, pero non teñen unhas dimensións axeitadas', indicó la edil socialista. Así, tanto Rivero coma o alcalde, Carlos Montes, plantexan que a mellor opción é reutilizar os locais do Centro de Saúde, unha vez que a Consellería de Sanidade acometa a construcción dun novo ambulatorio con máis especialidades, na actual estación de autobuses.

'Alí habería moito máis espazo para dar cabida ás asociacións de veciños da vila (Camiño e Carballiño) e os colectivos culturais e xuvenís que carecen de locais', adianta Asunción Rivero. A adaptación do centro sanitario posibilitaría tamén a apertura dunha Casa da Xuventude para desenvolver programas neste eido.

Te puede interesar