Andaina guiada de noite para ver os petroglifos de Cangues, en Irixo

Está prevista para hoxe, con saída ás 22,00 horas, previo encontro no centro social de Madarnás (Carballiño) ás 21,30 horas.

A segunda edición da Andaina Nocturna de Madarnás, organizada polo Centro de Estudos Chamoso Lamas, repetirá o itinerario do ano anterior, para visitar os petróglifos de Cangues (O Irixo). Está prevista para hoxe, con saída ás 22,00 horas, previo encontro no centro social de Madarnás (Carballiño) ás 21,30 horas.

A organización conta con tres guías para a visita dos petróglifos: Jorge Lamas Bértolo, Juán José Álvarez González e Adolfo Otero Loureiro. Nesta iniciativa colabora o Concello do Carballiño e o Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro.

O recorrido será de aproximadamente seis quilómetros, e os organizadores aconsellan diversas pautas para a realización da actividade como vestir reflectores e portar lanternas, levar algunha prenda de abrigo ou non fumar durante a andaina. Os promotores esperan que esta segunda edición resulte un éxito tal e como aconteceu na anterior.

Te puede interesar