O CARBALLIÑO

Unha andaina reivindicará no Carballiño a igualdade

O programa do Concello para o día 8 inclúe un coloquio, música e un concurso

Con motivo da celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o 13 de marzo a V Andaina “O Carballiño camiña pola igualdade”, con un recorrido de 15 quilómetros por Vilar, Madarnás, Dornela, Costoia, O Mosteiro, Piteira e Carballiño. A inscrición é aberta e gratuita, podendo realizarse no Centro de Información da Muller (CIM), e tamén se poderán ofrecer donativos a beneficio da Asociación de Persoas Afectadas de Dano Cerebral Adquirido de Ourense, Renacer. A saída será desde a Praza Maior, ás 10,00 horas, e cóntase coa colaboración de Eroski para o avituallamento.

Aínda que esta actividade é a máis concurrida, o programa desta celebración ofrece outras iniciativas que comenzan precisamente o día 8 cun acto oficial no salón de plenos do Concello. Está previsto para as 12,00 horas e consistirá na entrega dos premios do V Concurso Fotográfico 2016 “Unha mirada de xénero: A Muller e a Conciliación”, e unha serie de intervencións e lecturas vencelladas con esta temática, na que participarán os diferentes centros educativos da vila, Aspadisi e asociacións de mulleres. Asemade, actuará o dúo Canela Cafuné, formado polos carballiñeses Marta Bravo e Eric Dopazo.

Os actos rematarán o 15 de marzo, cunha mesa coloquio sobre “A conciliación ao longo do tempo”, ás 20,00 horas, tamén no salón de plenos do Concello. Intervirán como ponentes a actriz carballiñesa, Iria Fernández Sobrado; Mayte López Pérez-Cruz, presidenta da Confederación de Abogados Jóvenes e conselleira do Consejo General de la Abogacía Española; e a empresaria Carmen Ferradás Cerdeira, da Floristería Carmiña.

A concelleira de Igualdade, Marina Ortega, invita a todos os veciños a participar nas actividades. n
 

Te puede interesar