OBRAS

A antiga eira de Framia convertirase nunha praza

uploaded_plaza_result
photo_camera Espazo onde se creará unha nova praza pública.

A eira está situada na avenida de Compostela, na metade do percorrido entre o cruce Catro Camiños e o barrio da Uceira

O Concello do Carballiño está ultimando o proxecto de rehabilitación dunha vella eira en Framia, para convertila nunha praza pública para o disfrute dos veciños deste barrio. Trátase dun espazo en forma triangular, duns 140 metros cadrados de superficie, incluída a beirarrúa da avenida de Compostela, e que se atopa desde hai moito tempo en estado de abandono, sen utilidade algunha.

A reforma, que será executada pola brigada municipal de obras, consistirá nun enlousado central de pedra e baldosa e a colocación de bancos e mesas cunhas árbores para que dean sombra no verán.

A eira está situada na avenida de Compostela, na metade do percorrido entre o cruce Catro Camiños e o barrio da Uceira, preto do bloque das últimas vivendas sociais que se construíron, polo que pode prestar servizo a un número importante de veciños da zona, que reclamaban o acondicionamento deste espazo.As obras comezarán nas próximas semanas, en canto estea rematado e orzamentado o proxecto, e se realice a compra dos materiais necesarios para a execución da reforma, segundo informaron os responsables municipais.

Te puede interesar