obras

A antiga estrada OU-214 disporá dun paso peonil na Almuzara

O acordo recibiu o voto favorable dos oito concelleiros do grupo de goberno do PP, mentres se abstiveron os tres integrantes do grupo socialista.

A Corporación municipal de Boborás aprobou en sesión plenaria a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta para o asfaltado da antiga estrada OU-214, na localidade da Almuzara, que tamén será dotada dunha senda peonil en formigón. O acordo recibiu o voto favorable dos oito concelleiros do grupo de goberno do PP, mentres se abstiveron os tres integrantes do grupo socialista. Ó respecto, a voceira do PSOE, Eva Pardo, indicou que "nós abstívemonos porque estamos a favor desa pavimentación, pero consideramos que con 209.000 euros de orzamento poderíanse levar a cabo máis obras, como as que propuxemos na sesión".

Concretamente, o grupo socialista propuxo unha mellora para incluir no devandito proxecto, consistente na construcción de beirarrúas na antiga OU-214 como alternativa ó paso peonil en formigón. Ademais, dende o PSOE tamén se plantexou a necesidade de renovación da rede de saneamento nesta vía, aproveitando o movemento de terras. O socialistas alegaron que o estado actual das tuberías do alcantarillado, con máis de 30 anos de antigüidade, non garanten un funcionamento óptimo desta infraestructura. Eva Pardo lamentou que o goberno municipal votara en contra da proposta do PSOE, "xa que a súa aprobación suporía unha excelente mellora no proxecto que eles van asinar agora coa Xunta".

Te puede interesar