Apertura dunha nova rúa no entorno da Praza da Veracruz

O novo paso de peóns adiántase uns cinco metros, para que coincida co rebaixe da nova beirarrúa, eliminando unha barreira que impedía a accesibilidade.
 

O Concello do Carballiño abriu ao tráfico á nova rúa Adolfo Otero Landeiro, na praza da Veracruz, tras rematar as obras de asfaltado e pintado da mesma. Esta obra, que foi financiada íntegramente con fondos municipais, presta un servizo esencial aos veciños que teñen as súas vivendas e garaxes nesta rúa, ofrece unha nova alternativa para acceder dende a rúa Evaristo Vaamonde á praza de San Ramón e habilita 18 novos aparcamentos, nunha zona céntrica do Carballiño.

Coa apertura desta rúa, remata a adecuación dos accesos que conflúen no vial de servizo entre a rúa Evaristo Vaamonde e a Praza de San Ramón, bordeando a explanada da Veracruz.

Por outra parte, co pintado do paso de cebra, que cambia a ubicación anterior uns metros, o obradoiro de emprego finaliza o traballo de ampliación dun tramo de beirarrúa na Praza do Cercis, da rúa Aldara. Esta ampliación en máis de medio metro, mellora significativamente a accesibilidade peonil, así como o paso de coches de bebés e cadeiras de persoas con minusvalía.

O novo paso de peóns adiántase uns cinco metros, para que coincida co rebaixe da nova beirarrúa, eliminando unha barreira que impedía a accesibilidade.

Ademais, o Concello xa diu por rematadas as obras de acondicionamento do rúa Cesáreo Tizón, que xa está aberta ao tráfico, restaurando o sentido habitual da circulación no centro urbano.

Te puede interesar