Apoio á reapertura dos catro ximnasios de Carballiño

A reapertura está prevista para o próximo 23 de novembro

Os responsables dos catro ximnasios do Carballiño: Kórpore, Madokoan, Funfit e Olimpia, reuníronse coa concelleira de Deportes, Silvia Baranda, co obxectivo de acadar o apoio do concello para a reapertura dos establecementos, prevista para o próximo 23 de novembro. Trátase dunha actividade que resultou moi perxudicada pola pandemia, xa que permaneceron pechados a maior parte do tempo, polo que "é necesario dar todo o apoio", segundo indicou a concelleira.

Con tal motivo, acaba de editarse un video anunciando a reapertura dos catro ximnasios, e animando á veciñanza da vila carballiñesa a acudir ás instalacións sen ningún medo, xa que contan con todas as medidas de seguridade, sinala Silvia Baranda.

Te puede interesar