GALICIA

Aprobados os símbolos heráldicos de dous concellos ourensáns: Carballiño y Cortegada

Nuevos escudos de Cortegada y O Carballiño.
photo_camera Nuevos escudos de Cortegada y O Carballiño.
Estos son os novos escudos nos concellos de Cortegada e O Carballiño

O Consello da Xunta de Galicia aprobou os escudos e bandeiras dos concellos do Carballiño e Cortegada. No Carballiño, a bandeira está partida ao centro. A hasta, leva o pano amarelo co carballo arrincado de verde e os dous osos na súa cor natural empinados ao tronco. O batente é de azul con catro ondas de branco. 

O escudo é de ouro e sobre ondas de azul e prata, un carballo arrincado de verde cos dous osos ao natural empinados ao seu tronco. Ao timbre, a coroa real pechada.

En Cortegada, a bandeira ten o pano vermello coa copa de amarelo e venera branca flanqueadas das dúas serpes verdes. Á hasta, as sete cruces trevoladas de amarelo, ben ordenadas, e as dúas ondas brancas, ao batente. O escudo é vermello e sobre ondas de prata, unha copa de ouro flanqueada de dúas serpes de verde, surmontada dunha venera de prata e todo surmontado de sete cruces trevoladas de ouro. Ao timbre, a coroa real pechada

Te puede interesar