Obras

Arcos contará cunha rede de auga renovada

Obras no abastecemento de auga na localidade de Arcos.
photo_camera Obras no abastecemento de auga na localidade de Arcos.

O Concello do Carballiño esta levando a cabo obras de renovación de abastecemento de augas e pavimentación en diversas rúas da localidade de Arcos, incluidas dentro do programa de mellora dos núcleos rurais do municipio. O importe destas obras , adxudicadas á empresa Asfagal mediante o procedemento de concurso aberto, ascende a 22.000 euros, e a súa conclusión está prevista nas vindeiras semanas. Son viales que enlazan a rúa Volante co campo da festa e outras localizadas na saída do pobo hacia a parroquia da Piteira.

Con esta actuación, unida ás levadas a cabo nas rúas Pico Seco, Volante, Pena Grande e Beariz, continúa o proceso de mellora integral da rede viaria da parroquia de Arcos, que se vera complementada ca renovación das rúas Castelao, Cea, Travesía de Cea e Piñor nos vindeiros meses.

Proximamente, e dentro do plan de mellora de accesibilidade aos recursos termais, impulsado pola Deputación provincial e o Concello do Carballiño, tamen procederase ao acondicionamento do acceso ao Bañiño de Arcos.

Te puede interesar