PREMIOS

Arenteira 2016 premia a título póstumo ao doutor Míguez

José Carballeda Pérez recibirá o Arenteira do deporte e Pablo Rodríguez "obtén" o da cultura e ciencia

O deportista José Carballeda Pérez, o presidente da Asociación Ridimoas, Pablo Rodríguez "Oitabén", e o doutor Luis Rodríguez Míguez –a título póstumo– recibirán o galardón do Arenteira 2016, organizado polo Aparthotel Arenteiro do Carballiño. O portavoz deste establecemento, Uriel Bernardez Cerdeira, e o presidente do xurado, Xosé Luis Sobrado, foron onte os encargados de anunciar o fallo desta quinta edición do premio, que se entregará o 25 de novembro.


Uriel Bernárdez agradeceu a colaboración dos centros educativos, das asociacións de veciños e culturais e das entidades deportivas que se volcaron "máis que nunca para facer as súa propostas e emitir os seus votos". Asemade destacou a unanimidade do xurado na concesión dos galardóns.
O exfutbolista José Carballeda é recoñecido pola súa destacada traxectoria neste deporte, que o levou a vestir a camiseta do CD Arenteiro, CD Ourense e Pontevedra, entre outros equipos.

Mentres, de Pablo Rodríguez referiuse Xosé Luis Sobrado a súa labor "na defensa e protección da natureza e a súa divulgación a través do proxecto de bosque Ridimoas", así como a súa faceta profesional no mundo do ensino. 


Finalmente, Sobrado conta do premio póstumo a Luis Rodríguez Míguez, Medalla de Ouro do Concello do Carballiño, pola súa dedicación á promoción do termalismo a través das Xornadas de Termalismo de Galicia. 

Te puede interesar