INFRAESTRUCTURAS

O Arenteiro disporá dun novo mirador e acceso ao seu paseo

20161010195734180_result
photo_camera Onte realizáronse medicións entre o paseo e a rúa Río Avia.

A remodelación consiste na construción dunha praza-mirador, de 2,70 metros de altura sobre o nivel do paseo fluvial, e de dúas vías de acces

O paseo do río Arenteiro, no Carballiño, contará a finais deste mes cun novo mirador e acceso peonil entre o sendeiro e a Avenida do Balneario. Estará ubicado no remate da rúa Río Avia, moi preto do Gran Balneario.

Trátase dunha rúa sen saída e cun gran desnivel sobre o sendeiro da ribeira esquerda, polo que este proxecto, redactado polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas, cumpre un dobre obxectivo: por un lado, mellorar a seguridade, e por outro, facilitar o acceso entre esta rúa e o paseo do río, ademáis de embelecer o lugar.

A remodelación consiste na construción dunha praza-mirador, de 2,70 metros de altura sobre o nivel do paseo fluvial, e de dúas vías de acceso, unha en escaleira pola marxe dereita, e outra en rampa pola marxe esquerda. Tanto a praza-mirador como a escaleira e a rampa irán recubertas de pedra, e terán unha baranda de ferro.

Tamén está prevista a colocación de bancos de forxa e madeira, segundo apuntan os responsables municipais.
Para executar esta obra, que ten un custo global duns 50.000 euros, o Concello de Carballiño conta cunha subvención de 40.000 euros da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia. Onte realizáronse diversas medicións no lugar do emprazamento deste novo mirador, e as obras comezarán de inmediato, calculándose que poderían estar rematadas a finais deste mes de outubro. 
 

Te puede interesar