O CARBALLIÑO

Os arqueólogos demandan a catalogación de 13 petroglifos

<p></p>
photo_camera Reunión do C.E. Chamoso Lamas, na Casa da Bexanca, en Cabanelas (Carballiño).

O Centro Chamoso Lamas inclúe unha guía dos achados inéditos no último número da súa revista

Os arqueólogos do Centro de Estudos “Chamoso Lamas” da comarca do Carballiño, reclaman aos concellos a catalogación das rochas con petroglifos descubertas durante o 2015. Concretamente, refírense ás 13 rochas inéditas con motivos xeométricos grabados, a base de cazoletas e círculos concéntricos, con unha antiguedad de 4.500 anos (III al II milenio a.c.), que descubriron no último ano en diversas parroquias de Carballiño, Boborás, O Irixo e San Amaro. Segundo sosteñen o arqueólogo Jorge Lamas e o investigador Juanjo Alvarez, é o primeiro paso que hai que dar para poder salvagardalos.

A elaboración dunha guía con estes achados é un dos alicientes do último número da revista “Argentarium”, que edita o centro de estudios e que se presentará hoxe nun acto público, ás 20,00 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño.

Sete destes achados están incluídos na relación de alegacións ao PXOM do Irixo, que recollerá algo máis de 20 xacementos propostos polo Centro de Estudos Chamoso Lamas. En Boborás preséntase agora un novo petroglifo, que se poderá engadir á catalogación realizada con máis de 80 xacementos arqueolóxicos, que tamén se recollen no documento urbanístico por encargo do Concello, entre outros descubrementos dentro da comarca.

A revista, de case 200 páxinas, contén 15 artigos de grande interese histórico referidos ao Carballiño e a súa comarca. Neste número, que é o sexto, aínda que o centro de estudios conta xa con 13 publicacións dende a súa creación, expóñense outros traballos sobre algúns documentos inéditos, como é un “Plano e memoria do Balneario do Carballiño”, de 1868. Tamén resulta salientable a historia do Muíño de Toscaña, do século XVIII, un dos máis grandes da comarca, con cinco pares de moas e que deu orixe á fervenza do Balneario.

Ademais, noutro artigo recóllese unha completa biografía dun dos políticos máis sobresaíntes da comarca no século XIX, Tomás María Mosquera, e noutro, se relacionan os poetas vencellados con Maside, cunha referencia especial a Francisco Luís Bernárdez, Premio Nacional de Poesía, en Arxentina.

Tamén destaca unha investigación sobre o sistema familiar e as prácticas sucesorias no Ribeiro do Avia e outros sobre as igrexas románicas de Madarnás e Santo Tomé O Vello.

Te puede interesar