O Carballiño

O Arquivo da Diócesis recibe o Torques de Honra

20191213192256392_resultado
photo_camera O arquitecto Gallego Jorreto recibiu o galardón no 2017, de mans de Óscar Gonfer e José Sobrado. (XESÚS FARIÑAS)
O galardón será entregado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas

O Centro de Estudios Chamoso Lamas acordou conceder o seu galardón Torques de Honra na edición deste ano 2019 aos Arquivos Catedralicio e Diocesano de Ourense pola súa contribución á catalogación,preservación e difusión do patrimonio documental da diócese ourensana, labor que se vén realizando sistematicamente nas últimas décadas dun xeito continuo malia á escaseza de recursos coas que contan, segundo apunta a directiva da entidade.

O Centro de Estudios quere subliñar o papel xogado polos distintos directores na catalogación e no constante labor de captación dos ricos e abondosos fondos cos que conta o legado eclesiástico e que teñen servido para o estudo e elaboración de numerosos traballos realizados ó longo dos anos de vida destas dúas institucións.

Ademais, tamén quere recoñecer e agradecer a colaboración prestada polo persoal destes dous arquivos cos investigadores que acoden a diario ás súas instalacións, facendo unha mención moi especial na figura de Miguel Ángel González García, actual director dos mesmos e gran valedor de iniciativas como é a publicación da revista de investigación Diversarum Rerum e a súa implicación persoal en numerosas actividades culturais de fomento da investigación.

O acto de entrega terá lugar o próximo 21 de decembro, ás 20,30 horas, no Restaurante A Fuchela do Carballiño.

O Torques de Honra é un galardón con carácter bianual para distinguir o traballo de persoas e entidades a prol da conservación, recuperación e divulgación do patrimonio histórico-cultural.

Te puede interesar