Asaltada a casa do edil de Saúde carballiñés

A vivenda do tenente de alcalde e concelleiro de Saúde do Carballiño, Martín Nogueira, foi asaltada por descoñecidos a última hora da tarde de onte, se ben non se levaron ningún obxecto de valor, según indicaron fontes da Policía Local.
Os feitos ocurriron pasadas as 19.30 horas, cando a Garda Civil do Carballiño recibiu unha chamada dunha central de alarmas, avisando do acceso de persoas descoñecidas á casa do edil 'popular', situada na localidade de O Torrón, na estrada a Ribadavia e a dous quilómetros da vila do Arenteiro. Os asaltantes utilizaron unha ventá lateral do edificio para entrar no seu interior, pero ó soar o sinal de alarma parece ser que abandoaron a zona, e por iso non tiveron tempo de roubar, suliñaron as mesmas fontes.

Martín Nogueira atopábase coa súa esposa, Trinidad Salgueiro, na consulta de Pediatría que posúe no Carballiño, cando recibiu o aviso da Garda Civil. Tras facer un primeiro reconto na súa vivenda, non notaron que faltasen obxectos de valor. A Garda Civil encargarase da investigación.

Te puede interesar