O Carballiño

Asaltos 'exprés' a dúas tendas no centro urbán

O Carballiño

Asaltos 'exprés' a dúas tendas no centro urbán

Media hora bastou para que persoas descoñecidas violentaran as pechaduras de dúas tendas do Carballiño na tarde de onte e nun lugar céntrico como son as 'Galerías Magariños'.
Neste centro comercial ubicado entre a Rúa do Paseo e a Praza de Abastos, Benigna M.G., atopou ás 15.30 horas aberta a porta da froitería que rexenta, notando a falta do diñeiro (entre 40 e 50 euros) que gardaba para o cambio na caixa rexistradora.


'O meu home estivo aquí ás 14.45 horas descargando froita, e o dono do pub que está ó carón asegurou abrir o local e poñer as mesas de terraza ás 15.15 horas'.


O mesmo sistema foi utilizado para entrar na tenda da deseñadora Rosa Núñez, ubicada fronte á froitería. Os ladróns tamén sacaron a pechadura 'e andiveron revolvendo todo ata atopar un bolso que gardaba con cartos', indicou. A cantidade aínda non fora valorada por esta muller, 'pero ten que ser importante, xa que fago traxes e vestidos para a Festa da Istoria de Ribadavia'. A Garda Civil recolleu as denuncias.

Más en O Carballiño