O Carballiño

Asfaltado das rúas Blanco Amor e Eusebio Lorenzo

O Carballiño

Infraestructuras

Asfaltado das rúas Blanco Amor e Eusebio Lorenzo

As obras comezaron esta semana en Eusebio Lorenzo e Eduardo Blanco Amaro.
photo_cameraAs obras comezaron esta semana en Eusebio Lorenzo e Eduardo Blanco Amaro.
Trátase da primera fase dun plan de mellora de infraestruturas viarias do Carballiño, que afecta a máis de vinte rúas

Cun presuposto de licitación de 108.207 euros, e unha adxudicación por importe de 79.327 euros, deron comezo esta semana os proxectos de reforma das rúas Eduardo Blanco Amor e Eusebio Lorenzo, que se enmarcan no plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño.

Os proxectos conlevan a renovación da canalización da rede de abastecemento e saneamento, así como beirarrúas e asfaltado en quente. Hai unhas semanas comezaron tamén as obras da rúa Saleta, con novo asfaltado, reposición da rede de abastecemento e saneamento, beirarrúa e iluminación LED. Estos traballos, xunto cos que se executan nas rúas Madalena, Solana e San Benito, suporán unha mellora significativa dos viais deste barrio, cuxo estado era moi deficiente.

Trátase da primera fase dun plan de mellora de infraestruturas viarias do Carballiño, que afecta a máis de vinte rúas e que financia o concello con cargo ao superávit do ano 2018, por un importe global de 600.000 euros.