infraestructuras

O asfaltado en quente mellora a estrada entre Veiga e Vilar

O proxecto contempla anchear a calzada e asfaltala de novo, cunha inversión de 48.000 euros

O Concello do Carballiño prosigue co plan de mellora das infraestruturas no medio rural do municipio dando comezo nestes días ás obras de novo asfaltado da estrada de Veiga a Vilar, que se executa dentro do

plan de mellora de camiños de titularidade municipal da Xunta de Galicia. Con esta obra mellorará en gran medida a comunicación entre estas dúas localidades.

O proxecto contempla anchear a calzada e reparar o firme cun novo asfaltado en quente en todo o tramo, o que suporá un investimento de 48.000 euros, segundo apuntan os responsables municipais.

Este proxecto realízase tras o remate das obras do novo asfaltado ao pobo de Mudelos, que tivo un custo de 52.967 euros, e que foi sufragado pola Deputación Provincial de Ourense con 34.622 euros e o Concello do Carballiño, que aportou 18.344 euros.

Os dous proxectos forman parte dun plan global de adecentamento de estradas e camiños entre as distintas localidades do rural.

Te puede interesar