O colectivo 'Xesta' implicará ós sectores de hostelería e comercio en rutas para atraer turistas

Unha asociación promoverá o sendeirismo na natureza

Unha das etapas da ruta botánica do Parque Municipal, cunha árbore identificada. (Foto: MARTIÑO PINAL)
As paisaxes dos ríos Arenteiro, Carrás e Varille e a riqueza monumental de Pazos (Boborás) son un reclamo para o disfrute das persoas que acuden ó Carballiño na época de vacacións, tanto sexa na primavera (Semana Santa), verán, outono ou inverno. Así, a asociación medioambiental 'Xesta' propoñerá os representantes dos colectivos de empresarios, comerciantes e hosteleiros para a promoción de rutas de sendeirismo no municipio e na comarca.
'O obxectivo é que os visitantes que pasan aquí as fines de semana ou teñen concertada unha estancia máis longa nos hostales e hoteis poidan coñecer o noso contorno natural, ó traverso de percorridos guiados', sinala Juan José Nogueira, presidente de 'Xesta'. Estas rutas organizaranse nos sendeiros abertos na actualidade, como son ós que siguen o cauce do Arenteiro entre Ponte Veiga e o Parque Etnográfico; o chamado 'Camiño dos Arrieiros', que cruza as parroquias de Mesego, Partovia, Barón, Sagra e Cabanelas, e o itinerario que comunica Carballiño coas localidades de Godás, Ponterriza, Moldes, Cabanelas e Pazos, ata a desembocadura no río Avia.


PARQUE MUNICIPAL

Juan José Nogueira presentará o proxecto ós dirixentes das asociacións de industriais, comerciantes e hoteleiros, 'e consiste en ofertar un paquete de aloxamentos a un prezo módico que inclúa coma complemento estes sendeiros medioambientais'. Ademais, contemplarase a nova ruta deseñada polo biólogo Diego Reboredo no Parque municipal do Carballiño, na que os turistas poden coñecer as variedades botánicas existentes nesta paraxe natural, que na actualidade están identificadas cunhas placas na que se explican as características de cada planta, arbusto ou árbore. Este experto tamén publicou unha guía exclusiva onde se recollen tódalas especies, a meirande parte delas con máis de 80 anos de antigüidade dende a súa plantación.

A iniciativa do colectivo 'Xesta' foi ben recibida por parte das autoridades municipais e dos sectores empresariais. Así, o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, sinalou que 'é unha boa idea para que tanto a xente que vén de fóra coma os propios carballiñeses se conciencien de que o noso municipio ten uns recursos naturais que hai que conservar e manter, aparte da variada riqueza gastronómica da zona'.


RELAXACIÓN

No mesmo sentido, Adolfo Nogueira, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACEC), manifesta que 'a nosa vila ten na súa paisaxe un futuro promocional que hai que dar a coñecer, non nos podemos quedar só coas festas do verán xa que hai moitos lugares onde relaxarse'. José Vázquez, directivo da Asociación de Hoteis tamén expresou a súa opinión favorable a apoiar o proxecto de 'Xesta', 'tendo en conta que hai moitos turistas que só recoñecen ó Carballiño polo templo de A Veracruz'. Engade que 'temos a pesca no río Arenteiro, o Parque, dous balnearios e unha comarca rica en arte'.

Te puede interesar