A asociación ‘Terra de Osos’ presentou os paneis indicativos das rutas sendeiristas da Serra da Martiñá

Os responsables da asociación cultural ‘Terra de Osos’, de San Cristovo de Cea, presentaron tres paneis con información das diversas rutas e sendas que discorren polos montes ó redor do Mosteiro de Oseira e a Serra da Martiñá, no citado municipio.
Según apuntan os directivos deste colectivo, ‘dende istes sendeiros hai unhas vistas impresionantes do cenobio, e ademais pódese observar a fauna característica da nosa zona, facendo unha posta en valor dos medios naturais da parroquia de Oseira’. Por outra banda, a asociación está a traballar na sinalización polo miúdo destes percorridos, coa colaboración do anterior técnico ambiental do Distrito Forestal, Diego Reboredo. O primeiro dos paneis está na entrada da aldea de Oseira, concretamente ó carón da zona de aparcamento, e os outros dous pódense atopar no Campo de Casledo, en dúaas das saídas das rutas.

Te puede interesar