SOLIDARIDADE

Asociacións de veciños solidarízanse con Portugal

A primeira medida é a creación dunha comisión xestora que levará a cabo as sucesivas convocatorias, a primeira o 28 de xuño

A Federación de Asociacións de Veciños da Comarca do Carballiño pon en marcha unha iniciativa solidaria á vista dos recentes acontecementos sucedidos en Portugal, con un siñificativo balance de víctimas, así como feridos e damnificados por mor do incendio. 

Como primeira medida, crease unha comisión xestora que levará a cabo as sucesivas convocatorias, tendo prevista a primeira para o 28 de xuño, ás 21,00 horas, no local social da Federación (rúa Rosalía de Castro número 1- primeiro andar), á que está convocada a poboación en xeral e para elo fai un chamamento a que acudan todas as asociacións existentes na comarca, xa sexan de tipo cultural, deportivo, comercial, veciñal, político ou social. 

Te puede interesar