O carballiño

As atraccións das festas seguirán ata o fin de semana

Debido ao bo tempo e á proximidade da fin de semana, estas atraccións solicitaron continuar ata o domingo, polo que se tomou en consideración esta petición coa condición de que se prorrogasen ata ese día os seguros correspondentes.

O Concello do Carballiño comunica aos veciños e visitantes que a maioría das atraccións das Festas do San Cibrao, que remataron onte coa Romaría da Saleta e a celebración do Día do Neno no que os rapaces contaron con precios especiais, permanecerán nas suas ubicacións ata o próximo domingo.

Debido ao bo tempo e á proximidade da fin de semana, estas atraccións solicitaron continuar ata o domingo, polo que se tomou en consideración esta petición coa condición de que se prorrogasen ata ese día os seguros correspondentes.

En concreto, continuarán as atraccións ocupando parte da Praza da Veracruz, Alameda, Praza do Emigrante, Praza Irmáns Prieto, e algunhas da rúa Conde Vallellano.

Por ese motivo, manteranse a maior parte dos cambios que se realizaron con motivo das festas en canto á circulación de vehículos polo centro urbano ata que se retiren as atraccións dos lugares públicos.

Te puede interesar