O Auditorio do Carballiño renovou os seus equipos técnicos

Auditorio de Carballiño, que acogerá el congreso. (Foto: MARTIÑO PINAL)
photo_camera Auditorio de Carballiño (Foto: MARTIÑO PINAL)

Unha renovación integral dos equipos do Auditorio Manuel María

O Concello do Carballiño desenvolveu un proxecto de renovación integral dos equipos técnicos do Auditorio Manuel María. Supuxo a substitución de modelos que, nalgúns casos, xa se tiñan quedado obsoletos por uns de última xeración e tamén contar cunha nova iluminación, máis axeitada ás necesidades das actividades que se realizan, incidindo tamén no aforro enerxético. No proxecto de contratación para o subministro, instalación, configuración e posta en servizo dos equipos de imaxe e iluminación xunto ca renovación do cableado existente para o seu correcto funcionamento investíronse 43.661 euros.

“O Concello decidiu acometer a renovación integral dos equipamentos para contar coa dotación dos medios técnicos necesarios para acadar os sistemas axeitados de reprodución, sonorización e proxección de contidos audiovisuais en alta resolución de imaxe e calidade de son”, sinalan os responsables municipais. As melloras, incluíron un novo proxector de imaxe.

Te puede interesar