Un autocar traslada gratis ás carballiñesas con cita na unidade de detección de cancro

As mulleres que teñan solicitada cita na Unidade de Exploración Mamográfica de Ourense teñen á súa disposición un autocar gratuito dende a vila do Arenteiro e con diferentes horarios e paradas no casco urbán do Carballiño.

Este servizo divídese en tres franxas horarias diferentes e de luns a venres, con saídas ás 8 e 10 da mañá e ás 12 do mediodía dende o colexio público ubicado na rúa Calvo Sotelo.

Os responsables do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama puxeron en marcha esta semana este servizo de transporte gratuito ata a Unidade de Exploración Mamográfica, sita no número 13 da avenida de Zamora da cidade. O obxectivo é que as pacientes citadas que non dispoñan de medio de traslado axeitado poidan acudir á revisión, se ben Sanidade lembra que non é obrigatorio usar este servizo e calquera persoa que o desexe pode desprazarse co seu propio vehículo.

Paradas Según a comunicación remitida pola Delegación provincial de Sanidade ó Concello carballiñés, o bus ten fixadas paradas no cruce da avenida Julio Rodríguez coa Alameda, Catro Camiños e fronte á estación de Renfe, na avenida 25 de Xullo, con intervalos de espera de cinco minutos respecto ós tres horarios de partida citados con anterioridade.

Te puede interesar