Unha avaría reduce a recollida de lixo a un só camión, que fai dous turnos

Contenedores cheos, onte, nunha praza de O Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O servizo municipal de recollida de lixo do Carballiño volta a ser precario tra-la avaría sufrida por un dos dous camións compactadores, que na actualidade están a reparar nun taller con vistas a pasa-la revisión da ITV. Así, o Concello tan só dispón dun vehículo, 'que ten que facer dous turnos, un ás 8.00 e outro ás 11.00 horas, coincidindo coa apertura da planta de depósito que ten a Mancomunidade comarcal en Seoane', comenta o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García.
Esta situación motiva que a primeiras horas da mañá, a metade dos contedores de lixo orgánico do casco urbán e do rural aínda estén sen baleirar, ofrecendo unha fea imaxe a veciños e visitantes.

O edil nacionalista confía en que 'poidamos reestablecer o servizo completo a finais desta semana ou o luns da vindeira'.

Te puede interesar