Axenda 21 ensina os nenos a propor plans de mellora do seu entorno

O Concello de Carballiño acolle dende hoxe o campamento do proxecto ambiental Axenda 21 Local, actividade programada pola Consellería de Medio Ambiente o longo deste mes en cinco concellos galegos.
Os campamentos urbáns completan así a programación deste proxecto, que tamén está desenvolvendo actividades de difusión da sustentabilidade. O obxectivo da Axenda 21 Local é axudar aos concellos a mellorar a coordinación dos recursos humanos e económicos, establecer canles de comunicación das necesidades dos cidadáns e corresponsabilizar aos cidadáns na xestión sostible do seu concello.


Un aspecto salientable é a colaboración institucional que permitirá unha maior eficacia. Así, é o propio concello o que aporta a organización dos campamentos de verán, que se ve reforzada con monitores específicos para esta actividade aportados pola consellería.


O obxectivo destes campamentos é amosar distintas perspectivas para que os participantes teñan unha visión máis sostible do seu entorno. Nestas actividades poderán participar, ademais de rapaces, persoas maiores e colectivos sociais. Os nenos desenvolverán un Proceso de Participación Ambiental, mediante a posibilidade de diagnosticar, promover, decidir e actuar sobre o seu territorio. Ademais, poderán propoñer ao concello pequenas accións que permitan mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

Te puede interesar