A axuda da Xunta permite abrir a súa panadería a un retornado

uploaded_miranda1_resultado

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, avogou polo retorno emprendedor galego como eixo vertebrador sobre o que impulsar o reto demográfico e as melloras no eido empresarial. Miranda realizou onte unha visita a unha panadería artesá do Carballiño, da que é promotor José Antonio Cota, de 51 anos, que regresou de México para impulsar unha boutique na que ofrece, entre outros produtos, o tradicional pan da panadería Manolo, e que nas próximas datas incorporará produtos mexicanos a súa oferta. 

Estas axudas, explicou Miranda, están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada retornado emprendedor, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que se pode obter por cada un dos beneficiarios será de 8.000 euros.

Desde a posta en marcha do programa, Miranda destaca que se desenvolveron un total de 188 proxectos co apoio da Xunta, dos que no último ano a provincia de Ourense presentou un total de 13 proxectos, repartidos en seis municipios: Ourense, Barbadás, Celanova, Carballiño, Cualedro e Parada de Sil.

Neste marco, e ante o bo funcionamento do programa, Antonio Rodríguez Miranda avanzou que a Secretaría duplica o seu orzamento para este ano ata chegar aos 400.000 euros, co obxectivo de seguir facilitando a posta en marcha de novos negocios na comunidade.

Te puede interesar