O Carballiño

O Barrio de Flores acolle tres películas clásicas ao aire libre

O Carballiño

CINE

O Barrio de Flores acolle tres películas clásicas ao aire libre

O horario será o mesmo todos os días, ás 22,30 horas

Cine Club Carballiño ofrece unha nova edición de Flores de Cine ao aire libre, os días 14, 15 e 16 de xullo, no Barrio de Flores. Proxectaranse tres películas e tamén videopoemas a cargo de Quico Valeiras. O horario será o mesmo todos os días, ás 22,30 horas. 

Comezará o martes 14 co clásico "¿Qué fue de Baby Jane?", do ano 1962, unha das grandes películas dese ano, nominada aos Oscar, Globos de Ouro, premios BAFTA. Foi dirixida por Robert Aldrich e protagonizada polas grandes Bette Davis e Joan Cradford. O día 15, os videopoemas de Quico Valeiras e despois a película "1984", dirixida por Michael Radford e protagonizada por John Hurt, Suzanne Hamilton e Richard Burton. Por último, o día 16, "El hombre del brazo de oro", drama de 1955 protagonizado por Frank Sinatra e dirixido por Otto Preminger.