O Baúl da Tía Tola representa “Lixo", hoxe no Carballiño

Enmarcado no programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a compañía O Baúl da Tía Tola prepresenta hoxe no Auditorio municipal Manuel María do Carballiño, a obra infantil "Lixo". Terá lugar ás 17,30 horas, co aforo limitado a un máximo de 60 persoas debido ás restricións polo covid-19. Trátase dun espectáculo de divertimento familiar para todos os públicos, aínda que deseñado especialmente para bebés de 0 a 3 anos. Os protagonistas da obra comunícanse con coplas, móvense con pasos de ballet polo escenario e axúdanse con luces para crear atmósferas diferentes durante o espectáculo.

Te puede interesar