Energía

Beariz cambia a iluminación das instalación públicas para aforrar

Para reducir este consumo eléctrico, preténdese mellorar a eficiencia enerxética de iluminación

Cun orzamento de 18.000 euros comezaron as obras de reforma do alumeado no Pavillón de Deportes, Biblioteca pública e Centro de Saúde. 

Tanto na Biblioteca pública como no Centro de Saúde, sen ter unha elevada potencia eléctrica instalada, ao disfrutar duns prolongados horarios de funcionamento, dan como resultado un consumo eléctrico excesivo.

Así mesmo, no pavillón polideportivo, cun funcionamento máis curto (actividades escolares e competicións deportivas) unido a unha elevada potencia eléctrica instalada, tamén conducen a un consumo eléctrico moi considerable.

Para reducir este consumo eléctrico, preténdese mellorar a eficiencia enerxética de iluminación de ditas instalacións, polo que se proxectan lampadas e luminarias de tipo LED, que mantendo as prestacións lumínicas existentes, consumen menos enerxía eléctrica, segundo poideron valorar os responsables municipais para a execución deste proxecto nas instalacións públicas.

Te puede interesar