incendios forestais

Beariz desexa que Alvite se convirta en "aldea modelo"

reunion beariz
photo_camera Pérez Dubois, José Luis Chan, José González e Manuel Prado, na xuntanza. (MARTIÑO PINAL)
Medio Rural avaliará a proposta plantexada onte polo alcalde do municipio, Manuel Prado

A Consellería do Medio Rural comprometeuse a estudar coa máxima atención a proposta do Concello de Beariz para declarar o núcleo de Alvite, situado na parroquia de Santa María de Beariz, como "aldea modelo" para a prevención e defensa fronte os incendios forestais. Así llo transmitiu este martes o titular deste departamento, José González, ao alcalde do municipio, Manuel Prado, durante unha xuntanza de traballo na que tamén participaron os directores xerais de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Neste encontro, Manuel Prado amosou un especial interese por integrar o devandito núcleo nesta iniciativa que está a desenvolver o departamento autonómico, e que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens da ameaza dos incendios forestais, mediante diversas actuacións dirixidas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas.

José González salientou o feito de que Beariz teña solicitada a súa adhesión ao convenio no que se enmarca esta actuación, asinado por Xunta, Seaga e Fegamp, para a posta en marcha do sistema público de xestión da biomasa nas proximidades das vivendas, co fin de protexelas dos lumes.

Te puede interesar