O CARBALLIñO

Beariz invertiu 55.495 euros en acondicionar nove estradas

Coa finalidade de facer un mantemento dos firmes existentes e intentar prolongar a súa vida útil nunhas condicións mínimas de seguridade

O Concello de Beariz invertiu 55.495 euros no acondicionamento de accesos en distintos pobos, e dentro do Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa finalidade de facer un mantemento dos firmes existentes e intentar prolongar a súa vida útil nunhas condicións mínimas de seguridade, segundo declararon as autoridades municipais.

Na estrada de acceso ás Granxas en Muradás procedeuse ó afirmado completo dun tramo duns 300 metros lineais con triple rego asfáltico.

En Alvite realizouse o bacheo dunha determinada zona que resultou deteriorada polas raíces dos piñeiros e no vial entre Camiño Correa e Alén procedeuse á limpeza da superficie existente mediante o varrido da mesma, bacheo das zonas deterioradas e execución dun tratamento asfáltico superficial e finalización cunha rega de selado.

Tamén se mellorou a travesía de Garfián e a Rúa Alameda, en Beariz, onde se levou a cabo a limpeza da superficie existente mediante bacheo das zonas deterioradas e execución dun tratamento superficial con rega de selado. Outras obras executáronse na Bouza e en Doade, que tiña un firme tan deteriorado que non servía de base para executar unha rega superficial sobre o mesmo, e optouse por levantar o mesmo e executar un novo.

Por último, acondicionoue o camiño de acceso á área recreativa de Barcia, con limpeza, bacheo e tratamento asfáltico superficial e finalización cunha rega de selado, rematando o Plan Marco na estada de acceso ás Ventelas. n
 

Te puede interesar