Beariz mellora a xestión dos residuos cunha biotrituradora

Beariz.
photo_camera Beariz.
A adquisición dunha biotrituradora profesional a gasolina permitiría o procesamiento dos restos de poda e labores agrarios de forma máis segura e eficiente en Beariz

A Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 13.918 euros ao Concello de Beariz para a adquisición dunha biotrituradora profesional que permitirá o procesamento dos restos de podas e labores agrarias de forma máis eficiente e segura, sen ter necesidade de recurrir ó lume.

“O Concello de Beariz ten como obxectivo mellorar a eficiencia e eficacia dos servizos públicos que presta aos seus veciños e veciñas, así como fomentar a sustentabilidade e a protección do medio ambiente no municipio”, sinalan os responsables municipais.

Por ese motivo, afirman que unha biotrituradora profesional a gasolina permite o procesamiento de ramas, follas e outros restos de poda e xardinaría, converténdoos en material apto para compostaxe e fertilización. Deste xeito, promóvese a redución de residuos e foméntase a economía circular, evitando o transporte e a eliminación dos residuos orgánicos en vertedoiros, o que contribuiría á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

A adquisición dunha biotrituradora profesional a gasolina permitiría o procesamiento dos restos de poda e labores agrarios de forma máis segura e eficiente, sen necesidade de recorrer ao uso do lume. “Deste xeito, reduciranse as posibilidades de incendios accidentais no municipio, melloraríase a calidade do aire e contribuirase á sustentabilidade ambiental”, engaden.

Te puede interesar