Belas Artes recibirá a Acisclo Manzano como membro nun acto no Mosteiro de Oseira

O Mosteiro de Oseira acollerá o vindeiro sábado o acto de admisión do escultor ourensán Acisclo Manzano como membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes. Por iste motivo, os integrantes da institución académica desplazaranse ás terras de Cea a fin de celebrar unha asamblea extraordinaria no cenobio cisterciense, ubicado no mesmo municipio da comarca carballiñesa.
No transcurso da cerimonia, cuxo comezo está previsto para as cinco da tarde e aberta ó público, o museólogo Felipe Senén López, natural do Carballiño, pronunciará o discurso de benvida a Acisclo Manzano. O tamén secretario da Academia, Felipe Senén, adianta que na súa alocución ’vou a facer un percorrido polo tempo e as paisaxes que condicionaron a vida de Acisclo, entre Oseira e Ourense, reivindicando tamén o espíritu e o espazo perdido da taberna de O Volter na cidade’.

O novo académico, que tamén reside en Cea, concretamente na localidade de Biduedo, vai facer entrega dunha das súas obras para que engrosen as coleccións de arte da institución galega.

Te puede interesar