O CARBALLIÑO

A Biblioteca de Beariz conta con 7.926 rexistros bibliográficos

Os máis de seiscentos socios poden disfrutar dos exemplares de Leopoldo Durán 

O Concello de Beariz acaba de adquirir un lote de libros a petición dos usuarios da Biblioteca municipal, cos que suma nestes momentos 7.926 rexistros bibliográficos. Na actualidade conta con 656 socios e dispón tamén de equipos informáticos adecuados para facilitar a realización de actividades por parte dos seus asociados. Esta biblioteca é a depositaria dunha importante doazón de exemplares das obras de Leopoldo Durán (Padre Durán) que foron doadas pola súa irmá Erundina. Estas obras son obsequiadas ós novos socios como regalo de benvida, segundo sinala o Concello.

Outra importante obra é o dicionario enciclopédico ESPASA que foi doado por unha veciña á Fundación Terras de Beariz, ademáis de diversos libros procedentes da familia de Concepción Arenal, que tamén contribuiron a enriquecer esta Biblioteca municipal.

Te puede interesar