O Carballiño

A Biblioteca de Boborás recibe libros de Manuel Chamoso Lamas

O Carballiño

CULTURA

A Biblioteca de Boborás recibe libros de Manuel Chamoso Lamas

A Biblioteca de Boborás recibiu un lote de aproximadamente 40 libros da colección persoal do historiador Manuel Chamoso Lamas, tamén un cadro pintado por o galeguista e un retrato seu. Todo isto foi donado pola súa filla Ángeles Chamoso e a súa neta Cristina Eisermann Chamoso.

A Biblioteca aínda está pendente de inauguración. Está ubicada no novo centro multiusos que leva o nome de Manuel Chamoso Lamas, e a súa apertura retrasouse por causa da pandemia do covid-19, segundo sinala a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.

As autoridades municipais pretenden abordar nun próximo pleno a solicitude á Xunta de Galicia para entrar na rede autonómica de bibliotecas, con vistas a que funcione no 2021.

Te puede interesar