educacion

A Biblioteca do Carballiño atrae a atención dos nenos co Polbiño Martiño

carballiño
photo_camera Teresa Fernández presenta a mascota nunha das aulas (C.R.).

A coordinadora da sección infantil presentou a mascota nos colexios

A mascota da sección infantil da Biblioteca municipal de Carballiño, O Polbiño Martiño, completa o seu percorrido para darse a coñecer entre os escolares dos distintos centros educativos da vila. Tras ser presentado no colexio Calvo Sotelo, O Polbiño Martiño o fixo nos demais centros educativos públicos do Carballiño: Campo da Feira e A Uceira. 

Foi unha actividade promovida pola coordinadora da biblioteca, Teresa Fernández, co obxectivo de achegar aos nenos este servizo municipal, e dar a coñecer as actividades programadas para as próximas semanas.

Nestas sesións, que se realizaron gracias á colaboración da dirección e profesorado dos respectivos centros educativos, participaron ducias de escolares, que disfrutaron coa historia desta mascota. 

A presentación consistiu nun contacontos no que se relata a xénese do Polbiño Martiño e o seu significado tanto para a sección infantil da Biblioteca municipal como para O Carballiño.

A finalidade desta campaña de promoción reside na necesidade de familiarizar aos nenos cos libros e a Biblioteca municipal dun xeito lúdico, impulsando o achegamento dos máis pequenos á lectura, facéndose usuarios deste servizo.

Ao longo do ano, na sección infantil da Biblioteca pública organízanse con este obxectivo diversas actividades como contacontos, diversos talleres ou presentación de libros, entre outras. A creación deste novo personaxe contribuirá sen dúbida a atraer a atención dos nenos, segundo apuntaron os responsables municipais.

A acollida do Polbiño Martiño entre os escolares nos distintos centros foi todo un éxito, mostrándose moi interesados en coñecer a súa historia.

Te puede interesar