Os socialistas lamentaron a supresión de servicios nestes últimos anos

O BNG acusa a Feijóo de desmantelar a comarca

Marcos Reboredo, Tereixa Paz, Alfredo Suarez Canal e Aurea Francisco. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A deputada do BNG, Tereixa Paz, acusa ó Goberno galego de intentar desmantelar o Carballiño como cabeceira de comarca, eliminando os dous xuzgados, suprimindo a oficina de liquidación do rexistro e, en xeral, desenvolvendo políticas que só levan ó retroceso económico e social. Ademáis, calificou de 'mentira'o anuncio dunha empresa de automoción para Cea, mentras que o que se proxectaba era unha incineradora en Irixo. Coincidiu con Alfredo Suárez Canal, tamén parlamentario nacionalista, en que estos catro anos de mandato 'nen xiquera foron de parálisis senón de enorme retroceso'.
Os representantes do BNG, acompañados polo responsable local, Marcos Reboredo, e pola concelleira, Aurea Francisco, referíronse a servizos públicos como a Educación, na que se suprimen prazas de comedor e se recortan profesores e tamén a nova residencia dos maiores rematada fai tres anos e sen funcionar . No que atañe ó ámbito productivo, indicaron, que 'no segundo trimestre do ano, é a terceira comarca de Ourense na que máis aumentou o número de desempregados'.


MÁS CRÍTICAS

O PSdeG comarcal tamén facía público onte un comunicado a través do que critica a supresión de servizos durante estes anos e a paralización de proxectos que estaban en marcha no Carballiño. 'A comarca ven de tocar fondo nos seus índices económicos', indicaron.

Te puede interesar