O BNG de Carballiño reclama actividades extraescolares de conciliación

O CARBALLIÑO (CASA CONSISTORIAL). 10/03/2020. OURENSE. Pleno en el Concello de O Carballiño para el debate y posterior aprobación de los presupuestos para el 2020. FOTO: ÓSCAR PINAL

Sofía García, BNG
photo_camera Sofía García, portavoz do BNG en Carballiño.
A portavoz, Sofía García, critica ao goberno municipal por non ofrecer un programa para as familias

O grupo municipal do BNG solicita ao goberno socialista do Carballiño un programa integral de actividades extraescolares para Infantil e Primaria adaptadas ao novo contexto xerado polo covid-19. A portavoz do BNG, Sofía García, afirma que esta petición faise para garantir a conciliación.

"As familias non só asisten con preocupación e incerteza á volta ás aulas, senón tamén ás distintas actividades extraescolares, que resultan ser un recurso esencial de conciliación para as familias", sinala.

Asegura a concelleira que "non sabemos que alternativas de conciliación adaptadas ao novo contexto ofrecerá o Concello do Carballiño. Levamos agardando desde o ano pasado a que se defina con claridade e se informe por parte da concelleira de Servizos Sociais como se vai configurar o servizo de conciliación da vida familiar e laboral e que tipo de xornadas se van a prestar".

Sofía Garcia insiste en que as familias precisan compatibilizar a vida laboral coa educativa e non poden quedar sen unha ampla oferta de actividades que lle dean continuidade á xornada escolar. E tamen asegura que "hai moitas familias que non só apuntan aos seus fillos a actividades extraescolares para complementar os seus estudos  senón tamén porque precisan facelo para conciliar". Por iso, reclama ao goberno do Carballiño unha resposta ás demandas e "deixar de esconderse detrás da incerteza e da irresponsabilidade da Xunta como xustificación", conclúe.

Te puede interesar