POLÍTICA LOCAL

O BNG considera unha neglixencia o peche das piscinas de Cea

Este grupo tampouco está dacordo en que sexan gratuítas, considerando que "os adultos do concello e as persoas que veñan de fora podían aportar algo"

O grupo municipal do BNG de San Cristovo de Cea considera que o peche das piscinas municipais débese a "unha neglixencia na xestión", sinalando que noutros municipios da contorna están funcionando e non tiveron problemas para dispor dun socorrista, que é o motivo polo que as instalación deste concello están sen funcionar.

Este grupo tampouco está dacordo en que sexan gratuítas, considerando que "os adultos do concello e as persoas que veñan de fora podían aportar algo, unha pequena entrada, que axu- dara precisamente a manter e mellorar o servizo. Gratuidade si, pero só para os menores do concello ou casos específicos de desempregados".

Ante o anuncio do alcalde, José Luis Valladares, sobre a intención de formar a dous traballadores municipais para que exerzan de socorristas se hai problemas para a contratación dun profesional, o BNG plantexa varias preguntas, sobre as horas de preparación e si serán en horario laboral; tamén sobre a financiación e si se van contratar outros traballadores.n

Te puede interesar