O BNG critica a falta dun profesor no Conservatorio

10.38.30.10-archive-2010-03-28-mg_1409_resultado
photo_camera O Conservatorio de música está ubicado no Auditorio Manuel María.
A formación defende o dereito dos alumnos a ter clases de percusión desde o comezo do curso

O Conservatorio de música leva dende que comezou o presente curso sen profesor de percusión. O grupo municipal do BNG chama a atención sobre esta situación que, segundo apunta, débese a que o Concello do Carballiño comezou tarde os trámites administrativos para cubrir a praza e a día de hoxe os alumnos seguen agardando por un profesor.

Lamentablemente, sinala o BNG que esta situación está ocasionando a perda de clases por parte do alumnado do conservatorio e "está xerando unha falta de calidade na ensinanza musical que vai ter difícil recuperación", afirma a portavoz do grupo, Sofía García. Por ese motivo, engade que "desde o BNG reclamamos o dereito dos estudantes a ter un profesor desde o principio de curso tras pagar unha matrícula que en moitos casos pode rondar os 600 euros".

Os responsables municipais afirman que foi necesario crear unha nova bolsa de emprego para a contratación

Os nacionalistas manifestan que vén con preocupación que a nova dirección do Conservatorio, "nomeada polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, non dera as explicacións pertinentes". En consecuencia, este grupo da oposición na Corporación do Carballiño declara que "unha vez máis asistimos á falta de previsión e planificación do equipo de goberno, a aposta pola educación e a cultura non debe quedarse en palabras, declaracións e fotografías, senón en poñer a disposición da veciñanza do Carballiño os servizos que demandan e merecen, fancéndoo en tempo e forma".

Responsables municipais declararon respecto da falta do profesor de percusión que se debe a que se marchou o anterior e que foi necesario crear unha bolsa nova de emprego. En total optaron tres candidatos dos que se seleccionou un deles, que está agora pendente da súa contratación.

Te puede interesar