política local

O BNG critica a xestión da escola de fútbol do Carballiño

Sofía García Suliña que hai dúbidas na compatibilidade de Manuel Sotelo como directivo e edil de personal

A voceira do BNG na Corporación do Carballiño, Sofía García, vén de manifestar nun comunicado as súas críticas ó equipo de goberno sobre a xestión da escola municipal de fútbol, que o Concello comparte co Club Deportivo Arenteiro. A concelleira nacionalista lembra que "un numeroso grupo de pais da escola denunciaron a falta de prazas para todos os nenos que querían inscribirse nela, e o vicepresidente do club da vila carballiñesa, Manuel Sotelo, alega que se limitan as prazas e se deixa fóra a un importante número de nenos porque existe por parte destes e as súas familias unha falta de compromiso ca escola".

Sofía García engade que "o señor Sotelo (tamén concelleiro de Personal) presentouse ante os pais como coordinador das escolas municipais de fútbol, cando a persoa que as coordina é un funcionario do Concello". Por iste motivo, o BNG asegura que "se levantan dúbidas sobre a evidente incompatibilidade do cargo de vicepresidente do Arenteiro e membro do  equipo de goberno municipal".

Sofía García remata suliñando que "produce vergoña que o Concello non sexa capaz de dar un servizo tan básico como o deporte á nosa mocidade, convidando ós nosos nenos e nenas a inscribirse nas escolas deportdos concellos veciños".

Te puede interesar