Política

O BNG insta ao Concello a abrir o servizo de concilia familiar

Sofía García pregunta a servizos sociais como se vai configurar a acollida dos nenos tamén no verán

O BNG reclama ao Concello do Carballiño medidas urxentes de conciliación da vida laboral e familiar. A concelleira nacionalista, Sofía García, sinala que o goberno local ten que establecer propostas neste eido porque as familias "teñen dereito a saber se desde o concello se vai apoiar e facilitar a conciliación", así como reforzar as actividades dirixidas ao nenos.

"Levamos agardando desde o ano pasado a que se defina con claridade e se informe por parte da concelleira de Servizos Sociais como se vai configurar o servizo de conciliación, que tipo de xornadas se van a prestar e si se inclúe o servizo de comedor no Verán Divertido", engade a portavoz do BNG, considerando que "hoxe en día fai máis falta que nunca a activación dos mecanismos para facilitar a conciliación laboral e a atención das crianzas". 

Sofía García afirma que algúns concellos xa están a facelo, abrindo as inscricións para o verán e sempre condicionado o servizo á normativa sanitaria e sobre o estado de alarma.

Para a concelleira do BNG, o goberno debe "ter iniciativa sempre dentro da normativa que establezan as autoridades sanitarias competentes. Mais ten que deixar de agocharse detrás da incerteza como xustificación para esta parálise". A organización nacionalista defende o reforzo destas actividades tanto en número coma en horarios e con especial atención á diversidade sempre que se cumpran as condicións de seguridade. 

Te puede interesar