CONCELLO

O BNG insta ao Concello a recuperar Pena Cobertoira

O complexo deportivo está abandonado mentres os atletas teñen que ir a entrenar a Ourense

Unha moción do grupo municipal do BNG insta ao Concello do Carballiño a recuperar e poñer en funcionamento o complexo deportivo de Pena Cobertoira. Con ese obxectivo propón ao goberno socialista que promova unha xuntanza cos posibles propietarios deses terreos co fin de aclarar a situación da titularidade desta infraestructura.

Ademais, pide o BNG convidar á Secretaría Xeral para o Deporte a visitar as instalacións de Pena Cobertoira con vistas á formalización dun convenio para dotar ás pistas de atletismo de material sintético, así como aquelas outras intervencións que permitan utilizar este complexo para a práctica do atletismo.

Situado na parroquia de Sagra, foi inaugurado no ano 2002 e consta dun campo de fútbol, pistas de atletismo e vestiarios que a día de hoxe atópanse en estado de abandono e de ruina agravado polos efectos do vandalismo.

"No Carballiño contamos con tres clubes de atletismo con aproximadamente cen atletas de tódalas idades. Moitos deles participan en competicións de ámbito galego e teñen que desprazarse a Ourense para poder entrenar", puntualiza a portavoz do BNG, Sofía García. Engade a concelleira que "parécenos que se debe aclarar definitivamente calquera dúbida sobre a titularidade desta infraestructura para poñela en funcionamento, homologar as pistas e así poder acoller competicións oficiais e adestramentos".

Te puede interesar