O CARBALLIÑO

O BNG pide que Cea se sume ao plan de rozas bonificadas

Sinala o BNG que a Xunta e a FEGAMP promoven que o sistema público de xestión da biomasa ofreza ós propietarios forestais rozas bonificadas

O grupo municipal do BNG de San Cristovo de Cea presentou no concello unha moción para instar á corporación a aprobar a inclusión, á maior brevedade, na iniciativa desenvolvida pola Xunta de Galiza e a FEGAMP, adheríndose ao “Sistema galego de rozas do mato”. Ademais pide que o concello inicie de inmediato o desenvolvemento dun plan municipal de prevención de incendios forestais.

Sinala o BNG que a Xunta e a FEGAMP promoven que o sistema público de xestión da biomasa ofreza ós propietarios forestais rozas bonificadas, que empezarán a funcionar na próxima primavera, ao que este grupo da oposición considera que se debe adherir Cea.

Te puede interesar