POLÍTICA

O BNG pide un plan de arranxo das pistas e camiños de Cea

Este grupo da oposición considera que son numerosos os accesos con fochancas en distintos núcleos

O grupo municipal do BNG de San Cristovo de Cea afirma que hai múltiples pistas municipais en mal estado debido á cantidade de fochancas que se van producindo co paso do tempo, levantándose a capa superior e dispersando a gravilla. Engade que tamén hai zonas levantadas polo crecemento das raíces das árbores, que provocan considerables ondulacións. En moitos

lugares as cunetas están obstruidas, con pedras caídas nelas, que presentan risco para o tráfico. "No presente ano non observamos que se fixeran arranxos deste tipo, polo que a deterioración segue incrementándose", sinala este grupo da oposición.

Por ese motivo, o BNG presentou unha moción pedindo que se elabore un plan municipal, con criterios obxectivos, que ordene a actuación sobre as múltiples pistas e camiños existentes na extensa xeografía do Concello de Cea e tamén para que se atendan de inmediato os casos máis urxentes utilizando os medios propios dispoñibles, para solucionar a situación ata onde sexa posible, dando preferencia ás vías en mal estado que existen en moitos núcleos. 

Ademais, pretende o BNG que se axilicen os trámites para conseguir as axudas que podería ter recibido o Concello doutras administracións que destinan medios a tal fin.

Te puede interesar