POLÍTICA

O BNG reclama un centro da Seguridad Social para Carballiño

concelleiro propón que o Concello xestione a posibilidade de propoñer como ubicación a antiga oficina comarcal do Curnuval.

O portavoz do BNG no Carballiño, Xosé Francisco Ferreiro, defenderá nun próximo pleno una moción na que insta ao Concello a dirixirase ao Ministerio de Empleo y Seguridad Social para que instalen un CAISS (Centro de Información de la Seguridad Social) na vila. O concelleiro propón que o Concello xestione a posibilidade de propoñer como ubicación a antiga oficina comarcal do Curnuval. Tamén apunta que se non foxe posible a ubicación nesas instalacións, o Concello ofertaría un local da súa titularidade.


Os CAISS teñen o cometido de información aos cidadans das prestacions da Seguridade Social, e nalgúns casos asumen tamen tarefas de xestión e trámite de prestacións económicas (maternidade, paternidade ,incapacidades temporais etc.), "en definitiva un servizo importante para calquera veciño", matiza Ferreiro Abelleira.
O portavoz do BNG recorda que na provincia de Ourense existen na capitalidade e tamen no Barco, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo.


"O Carballiño non dispón deste servizo, ainda que foi demandado en distintas ocasións.Sempre se dixo que a Administración do Estado non tería problema na súa instalación sempre que se lle puxese a dispor un local", engade. Unha posibilidade que se abre cando na actualidade o antigo Centro Comarcal pode ser transferido ao Concello,e tamén hai un local na Praza Coral Pajariño, segundo sinala.n

Te puede interesar