Política

O BNG reclama máis limpeza nas rúas de Carballiño

O Bloque Nacionalista Galego plantexa varias preguntas ao goberno socialista do Concello de Carballiño sobre cando se levará a cabo un proxecto medio ambiental axeitado para a vila; para cando se poderá contar cunha vila máis limpa, natural e cunha maior calidade de vida; e cando se porá en marcha unha normativa ao respecto de peches de fincas no casco urbano." O estado da nosa vila queda reflexado na suciedade presente e na falta de mantemento das rúas e beirarrúas, chegando incluso a dificultar a accesibilidade ás mesmas e supoñer un perigo para todos", sinala a portavoz, Sofía García.

 Ademais, refírese a un "gran número de terreos abandonados e sen o peche correspondente", por iso propón a posta en marcha dun plan medio ambiental.

Te puede interesar