O Carballiño

O BNG reivindícase coma alternativa en Carballiño

O Carballiño

O CARBALLIÑO

O BNG reivindícase coma alternativa en Carballiño

Ferreiro repetirá como candidato dos nacionalistas, que afrontan "comprometidos" o 26 de maio

O BNG presentou onte a súa candidatura ao Concello do Carballiño, que volve a encabezar o actual portavoz municipal, Xosé Francisco Ferreiro. O acto tivo lugar no salón do Aparthotel Arenteiro e ademais dos membros da candidatura que opta aos comicios municipais,  participou a parlamentaria Noa Presas, que instou a "apostar polos partidos da casa" e referiuse a traxectoria "intachable do BNG na defensa da clase traballadora e do noso idioma, porque é Ourense non Orense; na defensa da cultura; dos sectores productivos e das mulleres. En 30 anos, cero casos de corrupción".

Presas tamén apuntou que outros partidos "intentan aplicar a política do medo, de que vén a ultradereita, e nós queremos unha política de confianza e de honestidade", e engadiu: "Ofrecemos valentía e coherencia". "De nada serve defender o tren se es alcalde ou concelleiro e que os teus compañeiros de partido que están en Santiago ou en Madrid fagan o contrario como padecedes vós no Carballiño" apuntou Noa Presas.

Sofía García dixo que o BNG presenta "unha candidatura potente, un grupo de persoas comprometidas, formadas e convencidas de que un Carballiño mellor é posible", e lembrou algunhas das propostas de impulso para o municipio, "que como todas as demais foron aprobadas por unanimidade no pleno", pero que o goberno socialista "non executou ningunha".


A lista do BNG


Tras Ferreiro, repite a concelleira Sofía García. No terceiro posto figura Victor Vázquez, e a continuación, Amara Gallego, Andrés Fernández, Pilar Bernárdez, Sergio Cabello, Sixela Santomil, Uxía Iglesias, Óscar Rodríguez, Leonisa Fernández, Javier Álvarez, Pilar Fernández, Eladino Cabanelas, Belén Gómez, Xosé Ramón González, e Eduardo Bernárdez.