CARBALLIÑO

Boborás reforma o seu núcleo tradicional para humanizalo

O Consello da Xunta deu luz verde ao convenio co rexedor deste municipio, Cipriano Caamaño, e en virtude do cal a Xunta investirá case 270.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Boborás na execución dunha actuación de humanización de rúa no marco do chamado Plan hUrbe. O Consello da Xunta deu luz verde ao convenio co rexedor deste municipio, Cipriano Caamaño, e en virtude do cal a Xunta investirá case 270.000 euros –o 70% do custo total das obras- mentres que o 30% restante correrá a cargo do concello. 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse ata Boborás onde analizou coa tenente alcalde, Patricia Torres, os traballos que se executarán ao abeiro do convenio, co que se ratifica e concreta o compromiso do Goberno galego con este concello. O proxecto ten por obxectivo a recuperación dunha parte do espazo do núcleo tradicional de Boborás, identificado como rúa Cristobal Colón. O convenio establece un orzamento por importe de máis de 383.000 euros.

Marisol Díaz Mouteira destacou que esta actuación enmárcase dentro dos obxectivos do Plan hUrbe, posto en marcha no ano 2010, que ten entre os seus obxectivos estreitar lazos e colaboracións entre as administracións, fomentar a humanización das vilas de Galicia e promover o reequilibrio territorial na comunidade. Uns retos que se teñen alcanzado grazas ás 200 actuacións postas en marcha, que beneficiaron 125 concellos galegos, case un 40% dos municipios de Galicia. Díaz Mouteira subliñou que o investimento realizado na provincia ourensá a través do hUrbe nos últimos oito anos ascende a máis de 12 millóns de euros, que permitiu financiar un total de 79 actuacións.

Te puede interesar